15 de noviembre de 2018

Europa Europa

Resultado de imagen de europa europaSolly, un rapaz xudeo, é separado da súa familia durante os primeiros días da segunda guerra mundial e remata refuxiado nun orfanato soviético. Cando os alemans invaden a Unión Soviética, o orfanato é destruido e Solly cae en mans do "enemigo". Para sobrevivir faese pasar por un orfo ario alemán. Pronto o fan mascota do rexemento e por casualidade convértese en heroe de guerra. Como compensación é levado ao corazón da Alemaña nazi formando parte das xuventudes hitlerianas. No seu empeño pola supervevivencia Solly interpreta con tanta convicción o seu papel que a súa propia identidade está en perigo. Baseado na historia real de Salomon Perel.

Globo de ouro á mellor película estranxeira 1992


Dirección:
Clasificación: Non recomendada para menores de 13 anos.
Duración: 115 min.
Ano:1990
Crítica en Filmaffinityen Sensacine.
Na Wikipedia.

9 de noviembre de 2018

Your name

TE CONOZCO PERO JAMÁS NO HEMOS VISTO
 A película de animación xaponesa mais taquillera da historia. 
Mitsusa é unha estudiante que se lamenta da súa vida no campo xunto a súa irmá pequena, a súa avoa e o seu pai, un político ao que nunca ve. Detesta os pintorescos  costumes da súa familia e soña co marabilloso estilo de vida dos habitantes de Tokio. Pola súa parte, Taki é un estudiante que vive en Tokio, ten un  traballo a tempo parcial nun restaurante italiano e necesita alonxarse da súa familia. Unha noite, Mitsuha soña que é un rapaz dede Tokio e Taki soña que é unha rapaza que vive no campo. ¿Cal é o segredo que se oculta tras os sonos de dúas persoas que, sin coñecerse de nada, parecen buscarse desesperadamente?


Director: Makoto Shinkai
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 106 min.
Ano: 2016 
Título orixinal: Kimi no na wa
Crítica en Filmaffinityen Sensacine.
Na Wikipedia.

Los mundos de Coraline

Do visonario director de THE NIGHTMARE BEFORE CHRISTMAS  e baseada no  best-seller de Neil Gaiman, chega  esta espectacular aventura de animación. 
Coraline Jones (Dakota Fanning) está moi aburrida ata que descobre unha porta segreda e unha versión alternativa e mellor da súa vida ao outro lado. Cando este mundo aparentemente perfecto se volve perigoso, Coraline ten que empregar todos os seus recursos, determinación e valor para salvar a súa familia.

Director:   Henry Selick
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 97 min.
Crítica en Filmaffinity e Sensacine.
Na Wikipedia.

20 de junio de 2018

Wonder

Auggie  Pullman ( Jacob  Tremblay) é un neno que naceu cunha malformación facial. Agora, tras dez anos de hospital en hospital e de longos períodos na súa casa, terá que facer fronte a un gran reto: asistir por primeira vez á escola. Grazas ao apoio dos seus pais, Isabel (Julia  Roberts) e  Nate (Owen Wilson),  Auggie tratará de encaixar entre os seus novos compañeiros e profesores, demostrando que a pesar do seu físico é un neno como outro calquera. 

Director: Stephen Chbosky.
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 108 min.
Crítica en Filmaffinityen Sensacine.
Na Biblioteca e na Wikipedia.
 e


8 de abril de 2018

El malvado Zaroff

Clásicos do terror - Anos 30
Tras un naufraxio no Pacífico, o famoso cazador Bob Rainsford (Joel McCrea) chega a unha pequena illa dominada por un maniaco de orixe rusa chamado o conde Zaroff (Leslie Banks), que ocupa o seu tempo en perseguir aos seus invitados como se dunha batida de caza se tratase. A seguinte vítima será o propio Rainsford, acompañado da bela Eve Trowbrige (Fay Wray).

Director: Irving Pichel, Ernest B. Schoedsack.
Clasificación: Maiores 16 anos.
Duración: 63 min.
Crítica en Filmaffinityen Espinof e na Wikipedia.
Na Biblioteca.